Tuesday 07 de May de 2024

A Feira da Educación de Riveira abriu as súas portas como un foro único en Galicia para compartir experiencias no eido do ensino


O certame estará aberto no Auditorio de hoxe a este domingo

A cuarta Feira da Educación de Riveira acaba de abrir as súas portas esta mañá cunha trintena de stands que se reparten entre os dous andares do Auditorio e medio cento de actividades que dende hoxe ao domingo amosarán o pulo e bo facer do tecido educativo do noso municipio.

Ao acto inaugural acudiu hoxe o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, quen esta iniciativa sen parangón en Galicia e subliñou a súa idoneidade como foro para compartir experiencias entre os membros da comunidade educativa. Tamén interveu o alcalde Manuel Ruiz, quen dou a noraboa a todos os que fan posible este.

Por outra parte, na sesión de mañá e ante a presenza masiva de centos de alumnos de distintos centros, o edificio estivo ateigada de actividades como por exemplo un obradoiro de ilustración con materiais naturais, un taller denominado cociñamos sen lume por parte do CPR A Milagrosa; obradoiros de robótica educativa ou a actuación musical do Capitán Garfo.

As actividades proseguirán esta tarde xa abertas para o público en xeral cunha proxección de curtametraxes feitas nos centros de ensino, un obradoiro creativo por parte de Fernando Yáñez ou o relatorio “adolescencia, crise e cambio” por parte do pedagogo municipal Santiago Páramo.

Programación de mañá:

Visita guiada ás exposicións no Centro Cultural Lustres Rivas
“Maruja Mallo” (Biblioteca) e “O cangrexo verde” (sala de exposicións)
Hora: ás 10.00 h; ás 11.00 h; ás 12.00 h ou ás 13.00 h (seleccionar)
Lugar: Saída a pé do Auditorio e visita ao Centro Cultural Lustres Rivas
Todos os públicos

Seitura “O espantallo”. Corpo de baile tradicional do CPR Bayón
Obra homenaxe ao espantallo que coida das nosas leiras.
Hora: 11.00-11.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria e ESO

Cantarolas para a xente miúda. Suso e Senén Vaamonde
Promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística
Concerto infantil de música tradicional baseado na obra de Neira Vilas
Hora: 11.30-12.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria

Selfie cos Friends. Club Creativo. ANPA do CPR A Milagrosa
Horario: 11.00-12.00 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria (máx. 20 persoas)

Obradoiro de artes plásticas. “Southwerstern American Art”. Dorothy Finney. CEIPP O Grupo
Horario: 11.30-12.30 h
Lugar: Planta superior Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de primaria

Contacontos: “Emociónate con nós”. Alumnado do CEEPR AMICOS
Horario: 12.30-13.00 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Dirixido a nenos e nenas de infantil e 1º de primaria

Obradoiros de robótica educativa. We Robots
Lugar: Planta de entrada do Auditorio
Hora: 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 h

TARDE

Actividade lúdico formativa. “Separemos ben, reciclaremos mellor” Promovida por SOGAMA
Data: 27 de abril
Hora: de 17.00 a 18.30 h
Lugar: planta superior do Auditorio
Todos os públicos

Obradoiro creativo. Fernando Yáñez
O profesor Yáñez dá a coñecer a obra de Maruja Mallo, homenaxeada no Días das Artes Galegas, por medio da diversión e fomentando o traballo en grupo.
Hora: 18.00-19.30 h
Lugar: Rampla de acceso á planta superior do Auditorio
Dirixido a: nenos e nenas de primaria (máx. 25 persoas)

Concerto do alumnado do Conservatorio Municipal
O Auditorio acollerá un concerto do alumnado do Conservatorio no que gozaremos das delicias da música da man dos máis novos, o futuro.
Hora: 18.30 h
Lugar: Salón de Actos do Auditorio Municipal
Todos os públicos

Presentación do poemario “Silencio…” de Xabier López Marqués
Hora: 20.00 h
Lugar: Planta superior do Auditorio
Todos os públicos